Pode armacenar calquera núcleo de Linux comprimido neste disco, e debería arrincar. Para facelo: Configure o núcleo coas seguintes características: initrd, ramdisk, loop, msdos, fat, elf, ext2fs, procfs. Faga o núcleo con "make bzImage". Cópieo a "linux" no disco de inicio. Cambie de directorio ao disco de inicio e execute ./rdev.sh para configura-lo núcleo. Opcionalmente, edite syslinux.cfg para engadir argumentos á liña "DEFAULT" ou engada unha liña "APPEND" con argumentos que se han engadir a calquera comando tecleado polo usuario, e tamén ás opcións por defecto. Documentación para ler: /usr/doc/syslinux/syslinux.doc.gz "man rdev" /usr/src/linux/Documentation/ramdisk.txt Código fonte: Os scripts que crean este disco e os outros discos de inicio de Debian instálanse en /usr/src/boot-floppies/ gracias ao paquete boot-floppies. - Bruce Perens, 12-Marzo-1996 - Jacobo Tarrío, 10-Abril-2001