0fCOMO RECIBIR AXUDA07 Se non pode instala-lo sistema, ¡non se preocupe! ¡O equipo de Debian está listo para axudalo! Estamos especialmente interesados en coñece-los problemas coa instalación, porque adoitan telos máis de 0funha07 persoa. Se cadra xa temos oido falar dese problema e podemos arranxalo rapidamente, ou nos gostaría oir falar dese e traballar nel con vostede, e o seguinte usuario que teña o mesmo problema se ha beneficiar da súa experiencia. Se atopa un problema ha caer nunha destas dúas áreas: a instalación do sistema base, que remata cando comeza a selecciona-los paquetes a instalar; ou a instalación de paquetes da distribución Debian. Os problemas coa instalación do sistema base deberíanse remitir ao Equipo de Inicio de Debian en 0fdebian-boot@lists.debian.org07. Os problemas coa instalación dos paquetes deberíanse dirixir a 0fdebian-user@lists.debian.org07. En calquera caso, a mensaxe debería conter unha explicación detallada do problema, incluíndo o texto das mensaxes de erro que crea relevantes no problema. Prema a tecla de función <09F907> para obter información máis detallada sobre estas e outras listas de correo de Debian. Prema <09ENTER07> ou teclee o método de inicio, argumentos e <09ENTER07> para arrincar. Prema a tecla de función <09F107> para o índice da axuda.